O noso académico Wenceslao González Manteiga acaba de ser elixido entre os novos integrantes da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. Será Académico Correspondente da institución e estará adscrito á Sección de Ciencias Matemáticas. Así o decidiu a Academia na súa sesión plenaria, destacando os “relevantes méritos” de Wenceslao González.

Wenceslao González Manteiga foi director do departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela, promotor do Instituto Tecnolóxico en Matemática Industrial (ITMATI),  e vicepresidente de Estatística da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO). En 2017 foi nomeado Named IMS Fellow do Institute of Mathematical Statistics (IMS), en recoñecemento á súa traxectoria profesional. Recibiu, entre outros, o Premio de Investigación en Estatística Metodolóxica da Fundación BBVA, a medalla da Sociedad Nacional de Estadística e Investigación Operativa e o Premio Nacional de Estatística do Instituto Nacional de Estadística.

Share This