Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Avances en Acuicultura

4 noviembre, 2015 @ 7:00 am - 19 noviembre, 2015 @ 9:00 pm

Salón de Actos Confederación de Empresarios de Galicia, Rúa de Vilar, 54 – Santiago de Compostela

Ciclo de Charlas e Mesas de debate

AVANCES EN ACUICULTURA

(XVIII Avances en Ciencia eTecnoloxía 2015)

Días 4, 5, 10, 11, 12, 17 e 19 de novembro as 19,00 horas
A acuicultura é unha actividade que abrangue moi variadas prácticas e unha ampla gama de especies, sistemas e técnicas de produción. A FAO estima que antes de 2030 máis do 65% dos alimentos consumidos en todo o mundo procederán da acuicultura.

Nos últimos 50 anos converteuse nunha actividade socioeconómica relevante, dando emprego a máis de 12 millóns de persoas no mundo. Podemos dicir que o éxito da acuicultura moderna se basea nos grandes logros xa alcanzados por este sector na xestión da bioloxía das especies cultivadas, na introdución de innovacións científico-técnicas, no desenvolvemento de alimentos específicos e no control da sanidade das especies cultivadas.
Estes avances alcanzados na actualidade revelan non só a vitalidade da acuicultura como técnica produtiva, senón tamén a capacidade de innovación, emprendemento e aproveitamento sostible dos recursos dispoñibles.
Con este motivo a RAGC, en colaboración coa CEG, pon en marcha este ciclo de conferencias e mesas de debate que servirá como punto de encontro entre a investigación e a empresa e que contribuirá a poñer en valor e dar a coñecer os logros nesta actividade.

PERSOAS DESTINARIAS

Estudantes dos últimos anos do grao, máster, titulados/as superiores, así como persoas investigadoras vinculadas a universidades e centros de investigación e persoal técnico

INSCRICIÓN PECHADA POR AFORAMENTO COMPLETO

Descargar díptico

Detalles

Comienza:
4 noviembre, 2015 @ 7:00 am
Finaliza:
19 noviembre, 2015 @ 9:00 pm
Categoría del Evento:

Local

Confederación de Empresarios de Galicia
Rúa do Vilar, 54
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 55 58 88