Cargando eventos

« Todos os eventos

Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos

Setembro 17 @ 7:00 p.m. - Decembro 3 @ 7:00 p.m.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común a colaboración para a realización da I Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos para o ano 2020 e así promover o interese do público xeral, ademais de impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia.

A RAGC leva organizando actividades, cursos e ciclos de conferencias en toda a comunidade galega desde a súa fundación no ano 1973. En liña cos seus obxectivos de difundir a ciencia e a tecnoloxía pretende instaurar este ciclo de conferencias que leva o nome de Aida Fernández Ríos, brillante investigadora, oceanógrafa e académica da RAGC, falecida no 2015. Deste modo o obxectivo é espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica correspondentes aos ámbitos das cinco sesións da RAGC e con repercusións sobre a sociedade.

Nun primeiro bloque organízanse 7 conferencias en formato webinar impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional propostas pola RAGC.

Poboación destinataria: persoas usuarias e socias das entidades de iniciativa social, persoas da terceira idade, mocidade, profesionais, estudantes e público xeral.

Require inscrición previa (gratuita) na seguinte ligazón:
https://www.depo.gal/ciclo-de-conferencias-aida-fernandez-rios

Programa detallado

 

Detalles

Comezo:
Setembro 17 @ 7:00 p.m.
Remate:
Decembro 3 @ 7:00 p.m.
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://www.depo.gal/ciclo-de-conferencias-aida-fernandez-rios