Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Moda e Economía Sostible

Xuño 22 - Xuño 23

Obxectivos

O sector da moda evolucionou de modo relevante ao longo do tempo, se ben mantivo na súa esencia o ser un acto creativo de moi alto valor engadido, xerando unha contribución á economía e ao emprego nada desdeñable. As súas dúas dimensións, estética e económica, enfiadas por unha certa forma de emoción, vense hoxe diante o desafío da sostibilidade. A toma de conciencia social do necesario e urxente respecto á protección do medio ambiente, interpela tamén ao mundo da moda. En definitiva, este aspecto ha de sumarse ao vector ético que a moda, a través dos seus actores máis concienciados, inclúe xa no seu propio código xenético.
A Real Academia Galega de Ciencias, tendo en conta que a industria da moda é moi significativa en Galicia, organiza unhas xornadas nas que se poida facer un balance de situación do sector, á vez que se discuten os seus problemas actuais e os desafíos por vir, no marco da sostibilidade.

Persoas destinatarias

As xornadas diríxense a profesionais do sector, estudantes, administración e público en xeral.

Require inscrición previa (gratuita)
https://zoom.us/webinar/register/WN_ajIgrmNNQ42KpWWjWAcpsA
Os asistentes recibirán diploma de asistencia (e certificado se así o solicitan).

Programa detallado

 

Detalles

Comezo:
Xuño 22
Remate:
Xuño 23
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://zoom.us/webinar/register/WN_ajIgrmNNQ42KpWWjWAcpsA

Protagonista

Luis Caramés Viéitez