Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Conferencia e visita guiada ao Fondo Rof Codina

21 Setembro, 2022 @ 6:00 p.m. - 8:00 p.m.

No marco das celebracións de Rof Codina como “Científico Galego do Ano 2022”, a RAGC, en colaboración coa facultade de Veterinaria de Lugo e a Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, organiza unha conferencia sobre a figura deste veterinario innovador. A charla, titulada “O primeiro influencer veterinario”, vaina ofrecer Diego Conde, doutor en Veterinaria pola Universidade de Santiago e experto en Rof Codina.

Unha vez rematada a conferencia, os participantes terán a oportunidade de realizar unha visita guiada e comentada ao fondo Rof Codina, situado na Biblioteca Intercentros, para coñecer o “valioso material” que atesoura.

Poboación destinataria: estudantes de Veterinaria, universitarios, veterinarios e público xeral.

Aforo limitado. Require inscrición previa na seguinte ligazón (ata o 19 de setembro): https://bit.ly/3qBbH2I 

Detalles

Data:
21 Setembro, 2022
Hora:
6:00 p.m. - 8:00 p.m.
Categoría do Evento:
Páxina web:
https://bit.ly/3qBbH2I

Recinto

Biblioteca Intercentros de Lugo
Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n
Lugo, España
+ Google Map
Teléfono:
982 82 35 00
Páxina web:
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/busc/centros/intcentroslugo/