Os premios Top 100 Mujeres Líderes celebraron o seu décimo aniversario no Teatro Real de Madrid. Trátase do galardón máis prestixioso dedicado ao talento feminino en España. Entre estas personalidades destacadas atópase a académica da RAGC Marisol Soengas, recoñecida na categoría de “Académicas, Investigadoras e Pensadoras”.

Marisol Soengas, nacida en Agolada e formada inicialmente na Universidade da Coruña e posteriormente na Universidade Autónoma de Madrid, é unha das eminencias científicas galegas e unha das líderes españolas en investigación contra o cancro. Na actualidade é a presidenta da Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer-ASEICA- e a directora do Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), tras liderar diferentes avances na loita contra o cancro.

Share This