Os presidentes  do Ateneo de Santiago,  Manuel  López-Rivadulla  Lamas, e a Real Academia Galega de Ciencias, Juan  Manuel  Lema  Rodicio, veñen de asinar un convenio de  colaboración  de cara  a  propiciar  un maior achegamento entre ambas as entidades e a sociedade que  as sustenta.

As dúas entidades, co obxectivo común de promocionar actividades entre a cidadanía compostelá, selan coa sinatura deste  acordo unha serie de compromisos colaborativos.

Por un lado, ambas as partes tratarán de impulsar a organización conxunta de actividades de distintos tipos e formatos  nos  eidos cultural, científico ou educativo, así como a edición de publicacións e informacións que propicien a divulgación do saber e o coñecemento entre a cidadanía compostelá.

Ademais, todas as actividades promovidas tanto  polo Ateneo como pola Real Academia Galega de Ciencias serán divulgadas a través das súas canles de comunicación internas.

Por último, o Ateneo de Santiago comprométese a incluír «conferencias de interese propostas pola RAGC, nomeadamente aquelas relacionadas coa figura da/do Científica Galega do Ano».

Share This