Eduardo García Río
Catedrático de Xeometría e Topoloxía da USC
Eduardo García Río é doutor en Matemáticas desde o ano 1992 e catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Xeometría Riemanniana e de Lorentz, publicou máis de 150 artigos en revistas internacionais, sendo autor de máis de 7 libros e coeditor doutros 4 libros estreitamente relacionados co estudo da curvatura.
Foi bolseiro da Cannon Foundation no ano 1998 e realizou estadías de investigación na KU Leuven, Kyoto University, Cornell University, E. Schrödinger Institute for Mathematics and Physcis, e na TU Berlin. Na actualidade, o seu campo de traballo encádrase na Análise Xeométrica, sendo coordinador da Red Española de Análisis Geométrico e membro do comité editorial das revistas The Journal of Geometric Analysis e Differential Geometry and Its Applications.
Dirixiu 13 teses de doutoramento e foi investigador responsable de numerosos proxectos de investigación desde o ano 1998. Colabora coa Agencia Estatal de Investigación (AEI), onde foi coordinador da súa área de Xeometría e Topoloxía entre 2018 e 2022. É avaliador de distintas axencias internacionais como a Research Foundation Flanders (FWO), Italian Science Fund (FIS), Austrian Science Fund (FWF) ou a Royal Society. Foi director do Instituto de Matemáticas da USC no período 2010-2014, un dos xermes do actual Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), do que é un dos seus membros garantes.