María José Alonso Fernández
Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela
María José Alonso Fernández, Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela. Traballou na Universidade de Paris-Sur e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT). É autora de 300 publicacións científicas e inventora de 22 patentes, a maioría transferidas á industria farmacéutica, sendo recoñecida no Top Ten en Farmacoloxía polo “Times Higher Education international ranking” (2010) e, como unha das investigadoras máis influentes no mundo no ámbito da Biofarmacia (The Medicine Maker, 2020). Liderou consorcios internacionais de investigación financiados pola Organización Mundial de la Salud (OMS), Fundación Bill e Melinda Gates, o National Institutes of Health (NIH) e a Comisión Europea. Foi presidenta da “Controlled Release Society” (2017-19) e é editora científica da revista de dita sociedade. é membro numerario de 5 Academias, a Real Academia Nacional de Farmacia, a Real Academia de Farmacia de Galicia, a Real Academia Galega de Ciencias, a Real Academia de Medicina de Bélgica e a Academia de Medicina de Estados Unidos. Recibiu 38 premios entre os que destaca o Premio Nacional Jaume I, a Medalla Castelao, a “Medalla al Mérito en la Investigación y en la Educación Universitaria” e de maneira recente o Premio Nacional de Investigación “Juan de la Cierva”. Foi Vicerreitora de Investigación e Innovación da USC (2006-2010).