O accésit do certame, convocado pola Real Academia Galega de Ciencias e a Xunta, foi para un traballo sobre o poder curativo da música do xornalista José Luís Jiménez, publicado en ABC

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), falla a oitava edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2023. Está destinado a galardoar unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida no último ano en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal). O premio entregarase nun acto que se celebrará o vindeiro 21 de xuño, ás 19:00 horas no Pazo de San Roque de Santiago.

O xurado acordou conceder o premio á reportaxe “La revolución silenciosa de los informáticos” da xornalista Mila Méndez Otero, publicada o 23 de outubro de 2022 no diario La Voz de Galicia. O xurado destaca que “aborda en profundidade e dun xeito obxectivo a concentración de empresas do sector TIC na Coruña e a súa área de influencia, empregando unha linguaxe clara e directa, que atrapa o interese do lector desde o comezo e manteno ao longo das dúas páxinas, empregando un estilo ameno e fluído”. Desde a Academia remarcan que con esta reportaxe a xornalista “contribúe a divulgar un aspecto pouco coñecido da ciencia desenvolta nos centros de investigación e nas universidades galegas: a transferencia dos resultados ao mercado a través da creación de spin-offs”. A galardoada recibirá unha dotación de 3.000 euros.

Mila Méndez: “Non podemos perder o talento das rapazas para que tecnoloxías como a intelixencia artificial sexan plurais e diversas”

Na actualidade Mila Méndez (Sanxenxo, 1984) traballa como xornalista en La Voz de Galicia na Coruña, ao que se incorporou logo de formar parte do equipo de V Televisión. Ao longo dos seu quince anos de traxectoria neste grupo de comunicación, transitou do audiovisual ao xornalismo escrito, tanto en papel como na súa versión dixital.

A galardoada indica que “a ciencia apórtanos moitas cousas, tamén un medio de vida, e iso cómpre subliñalo, para que o cidadán comprenda toda a súa riqueza”. Salienta que “na cidade da Coruña, sobre a centrei a reportaxe, a creación dunha facultade de Informática, a primeira de Galicia, na segunda metade dos anos 80, supuxo todo un revulsivo na súa contorna. Dela saíron, e saen, profesionais que mudaron a economía da comarca, hoxe un referente, pese a súa posición xeográfica, no ámbito das novas tecnoloxías. Un campo no que segue medrando e aportando, e para o que segue precisando atraer novos estudantes, facendo fincapé nas rapazas, un talento que non podemos perder para que tecnoloxías como a intelixencia artificial sexan plurais e diversas”. 

Ler a reportaxe

José Luís Jiménez: “Es necesario que la ciencia explore nuevos ámbitos de conocimiento”

Outorgouse un accésit ao segundo traballo mellor valorado, a reportaxe titulada “Explorar el poder curativo de la música” de José Luís Jiménez Díaz, publicada no diario ABC o 17 de setembro de 2022. Valorouse que se trata dun “traballo xornalístico que dá a coñecer un proxecto de investigación realizado en Galicia, a través dun enfoque curioso -a toma de mostras á entrada e saída dun concerto-“. Aborda o proxecto Sensogenomic, desenvolto por un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), que pretende medir a resposta xenética do ser humano aos estímulos musicais co fin de estudar o potencial terapéutico da música. O galardoado recibirá unha dotación de 1.000 euros.

José Luís Jiménez (Huelva, 1981) é licenciado en Xornalismo pola Universidad Nebrija de Madrid. En 2003 incorporouse á delegación de Galicia de ABC, tralo seu paso por outras empresas do grupo Vocento. Foi xefe de Comunicación da Fegamp e na actualidade é o delegado de ABC en Galicia. Participa habitualmente nos espazos de opinión da Radio Galega e da TVG. É autor de los libros ‘Gregory Kunde. Una vida para cantarla’ (Sial, 2019) e ‘Tinta Verde, ojos turquesa’ (Sial, 2023).

O galardoado sinala que “el reportaje me sirvió para enlazar el trabajo de dos científicos a los que admiro, como son los investigadores Antonio Salas y Federico Martinón, con una de mis pasiones, la música clásica. El hecho de que el equipo que ambos lideran explorara las bondades de las composiciones sinfónicas para la salud fue un aliciente que no podía dejar escapar”. Ademais, o xornalista pon de relevo “la necesidad de que la ciencia explore nuevos ámbitos de conocimiento, con ambición pero sin abandonar el rigor. Con investigadores como Martinón y Salas, la sensogenómica abandona el terreno de la ciencia-ficción y se convierte en ciencia terrenal, cierta, contrastada”. En relación á recepción deste premio por parte da RAGC, pon de manifesto “la necesidad de trascender los contenidos de consumo rápido y seguir apostando por temas de fondo, que sirvan para conformar una opinión pública más formada y con preocupaciones diversas”.

Ler a reportaxe

O xornalista José Luís Jiménez

O papel dos medios de comunicación na difusión da ciencia e a tecnoloxía

A RAGC considera que “a ciencia e a tecnoloxía teñen actualmente un papel determinante e indiscutible no desenvolvemento económico e o benestar social dun país, polo que comunicar estes achados e as súas aplicacións á sociedade galega é unha prioridade”. Nesta liña, a Academia manifesta que os medios de comunicación poden contribuír “dun xeito decisivo” a acadar este obxectivo.

O xurado desta edición estivo composto pola secretaria da RAGC, a académica Pilar Bermejo, que actuou como presidenta; a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Mónica Valderrama; Luís Manuel Villamor, doutor en Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago; a directora da Área de Centros de Gain, María José Mariño; e a técnico da Área de Programas de Gain, Silvia López.

Share This