Noticias
Infórmate sobre las noticias de la Real Academia Gallega de Ciencias.
A RAGC amosa o seu fondo pesar polo pasamento do académico Juan Ramón Sanmartín
A Real Academia Galega de Ciencias quere transmitir o seu fondo pesar polo pasamento do seu académico Juan Ramón Sanmartín Losada. Físico e enxeñeiro aeronáutico, tivo unha das traxectorias científicas máis brillantes e recoñecidas do ámbito aeroespacial español....
Nova convocatoria dos Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC (prazo: 12 de decembro)
A Real Academia Galega de Ciencias e a Fundación Barrié asinaban o pasado ano un convenio para a creación dos “Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC”. Estes galardóns, que cumpren a súa segunda edición, teñen como obxectivo recoñecer a investigación do máis...
O Consello da Cultura Galega celebra unha xornada homenaxe a Fernando Calvet
O químico Fernando Calvet i Prats, elixido como “Científico Galego de 2025” pola Real Academia Galega de Ciencias, centrou unha xornada promovida polo Consello da Cultura Galega. No transcurso da mesma, o doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago...
Nova edición do concurso “A Ciencia en Imaxe”, que premia fotografías de temática científica (prazo: 10 de novembro)
A RAGC e as facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC) convocan o XII Concurso “A Ciencia en imaxe”, no marco das celebracións da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Ciencias....
Os académicos Minia Manteiga, Ángel Carracedo e Senén Barro, entre os expertos do Consello Asesor de I+G+i da Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia vén de crear un Consello asesor en investigación e innovación, integrado por doce expertos de recoñecido prestixio, entre eles os académicos da RAGC Minia Manteiga, Ángel Carracedo e Senén Barro. A súa función será asesorar ao Goberno autonómico...
O Concello de Santiago coloca unha placa homenaxe a Fernando Calvet no Parque das Ciencias
A RAGC continúa cos actos de homenaxe ao químico Fernando Calvet, “Científico Galego 2025”. En colaboración co Concello de Santiago, vén de colocar unha placa na súa memoria no Parque das Ciencias da cidade, onde a Academia xa ten homenaxeado a outros científicos e...
A RAGC celebra o Día da Ciencia en Galicia e entrega as súas Medallas de Investigación
A RAGC celebrou no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou ao químico Fernando Calvet i Prats (Vilafranca del Penedès, Barcelona, 1903 - Barcelona, 1988) como ‘Científico Galego 2025’. Ao evento, presidido polo...
A facultade de Química da USC acolle a presentación do libro homenaxe a Fernando Calvet
A RAGC continúa cos actos de homenaxe ao químico Fernando Calvet, “Científico Galego 2025”. Esta mañá presentouse na facultade de Química da Universidade de Santiago -onde o homenaxeado foi profesor- o libro “Fernando Calvet i Prats. Modernizador da química e promotor...
Medallas de Investigación 2025 para Francisco J. Blanco, Laura Carballo, Juan Mª Pou, Nieves Rodríguez e Mª Carmen Veiga
A RAGC recoñece coas Medallas de Investigación a cinco científicos e científicas galegos en activo das universidades da Coruña e Vigo. Esta distinción valora as traxectorias singulares e consolidadas en investigación, desenvoltas en Galicia, ademais de fomentar a...








