O noso compañeiro e académico numerario da Sección de Ciencias Económicas e Sociais da RAGC, José Antonio Redondo López, renovou o seu cargo como conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, nun acto celebrado onte no Parlamento de Galicia e presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Incorporáronse ademais como membros electivos do Consello de Contas Anxo Ramón Calvo Silvosa e Tomás Pérez Vidal, todos eles elixidos polo Parlamento de Galicia o pasado 21 de decembro de 2021.

José Antonio Redondo, que xa era conselleiro desde 2015, renova no seu mandato, dirixindo a Área de Coordinación Xeral. Foi proposto polo novo Pleno da Institución para continuar como conselleiro maior. Nado en Lugo, é catedrático de Economía Financeira da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Foi investigador asistente da Universidade de California San Diego, e tamén é académico numerario da Real Academia de Ciencias Económicas y Financeiras de España.

Share This