O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, mantiveron unha xuntanza na que conversaron sobre os proxectos nos que están a traballar ambas as institucións, ao tempo que abriron as portas a vindeiras colaboracións.

Víctor F. Freixanes recibiu a Juan Lema na sede provisional da RAG durante os traballos relacionados coa rehabilitación do edificio da rúa Tabernas da Coruña, situada no polígono de Pocomaco, e interesouse polas iniciativas que ten previsto desenvolver a Real Academia Galega de Ciencias no segundo mandato que Juan Lema comeza á fronte da institución.

O nacemento da Real Academia Galega de Ciencias garda unha estreita relación coa propia Real Academia Galega. A institución centrada na ciencia e na tecnoloxía foi creada a iniciativa de seis académicos de número: Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal, Luis Iglesias Iglesias, Domingo García Sabell, Antonio Fraguas e Uxío Torre Enciso.

Share This