O profesor Senén Barro Ameneiro, académico da RAGC, foi galardoado co premio Nacional de Informática “José García Santesmases”, outorgado pola Sociedade da Información Científica de España (SCIE) – Fundación BBVA 2020. O xurado salientou as súas contribucións de alta calidade á investigación no campo da Intelixencia Artificial, indicando que “non só ten un currículo de investigación brillante, senón que tamén e o fundador dun grupo de investigación de referencia e startups tecnolóxicas”. O xurado tamén conclúe que “as súas contribucións ao fomento do emprendemento innovador e a divulgación científica son recoñecidas internacionalmente”.  Finalmente indica que “Foi un promotor moi activo de estudios informáticos das distintas posicións relevantes que ocupou”.

Share This