Pedro Merino Gómez
Catedrático emérito de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica da Universidade de Vigo
Especialista en tratamentos superficiais de materiais metálicos e en materiais compostos de matriz metálica. Director de 15 teses de doutoramento. É autor de máis de 200 artigos e capítulos de libros internacionais. Foi director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo; promotor e primeiro director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo; vicerreitor de desenvolvemento e transferencia da Universidade de Vigo; director xeral de I+D da Xunta de Galicia, presidente do CESGA, presidente da Comisión de Arquitectura e Enxeñería de ANECA para a verificación de títulos oficiais universitarios, e membro do Consello Asesor da Universidade do Minho (Portugal). Medalla de ouro da enxeñaría industrial da Universidade de Vigo e insignia de ouro do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia. Foi tamén presidente do Centro Tecnolóxico AIMEN, presidente da Plataforma Tecnolóxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación e membro do Consello Asesor do IGAPE. Recibiu o premio de investigación da Deputación de Pontevedra i é Presidente de Honra da Asociación Galega de Corrosión e Protección (AGACYP).