Ramón Doallo Biempica

Catedrático da área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC) desde 1999.

Experiencia investigadora nas áreas de arquitectura de computadores, supercomputación, computación paralela e distribuida, cloud computing, procesamento Big Data, e sistemas de información xeográfica.

Ten publicado nestes campos máis de 200 artigos en revistas e congresos internacionais, e dirixido 12 tesis doutorais.  Ten participado en máis de 120 accións de I+D públicas e privadas (proxectos, contratos, redes…), en 79 delas como Investigador Principal.

Desde 2013 participa como socio promotor na creación da spin-off Torus Software Solutions. Ademáis de ter sido Director do Departamento de Electrónica e Sistemas da UDC,

foi o primeiro Director da Escola Internacional de Doutoramento da UDC entre os anos 2012 e 2016. En 2018 foi distinguido co Premio Nacional de Informática na modalidade Aritmel.

Na actualidad é colaborador na área TIN da Axencia Estatal de Investigación.