Senén Barro Ameneiro(As Pontes, 1962)

Doutor en Física (premio extraordinario), investigador da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial de CiTIUS, Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Foi o Reitor da USC (2002-2010), cando promoveu a investigación, o perfil innovador e emprendedor da universidade e desenvolveu “Campus Vida”, recoñecido como Campus de Excelencia Internacional. Vicepresidente da “Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas” (2008-2010). Foi presidente de RedEmprendia de 2010 a 2017, unha rede formada por 28 das mellores universidades de 6 países de América Latina, España e Portugal, destinada á transferencia da I + D e o emprendemento.

Editor ou autor de sete libros e autor de máis de 300 artigos científicos no ámbito da Intelixencia Artificial, fundamentalmente. Membro fundador das spin-off SITUM Technologies e InVerbis Analytics. Escritor asiduo en medios de comunicación con artigos de divulgación científica e opinión.

Medalla José Tola Pasquel, en recoñecemento ao mérito académico (2006); Causa Honorífica pola Universidad Nacional San Luis Gonzaga de Ica, Perú (2007); Medalla Lotfi Zadeh (2009); Recoñocemento: “Excelencia Galega”, na modalidade de Ciencias e Medicina (2010), outorgada pola Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña. Medalla de Ouro do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela (2011); Corresponsal Académico por Galicia da Real Academia de Doctores (2012).

Premio Nacional de Informática José García Santesmases da SCIE-Fundación BBVA en 2020.

Entre os seus compromisos máis firmes están axudar a mellorar o sistema e o modelo educativos e de investigación, e considérase un emprendedor, intraemprendedor e metaemprendedor, deixando a un lado a modestia, evidentemente.