Wenceslao González Manteiga

Catedrático de Estatística e Investigación Operativa da USC

Fundador dunha gran escola en Inferencia non paramétrica en Galicia. Comezou solo nesta área de Investigación na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1980. Dende entón leva dirixido 33 teses de doutoramento. Moitos destes doutores son agora bos investigadores e líderes no campo da estimación de curvas non paramétricas con aplicacións en diferentes temas como ciencias ambientais, Finanzas é Saúde. É autor de máis de 200 artigos e capítulos de libros internacionais e foi editor da revista Test, editor invitado en dous números especiais nas revistas, Environmetrics (2011) e CSDA (2007). Actualmente é editor asociado das prestixiosas revistas JASA, Bernouilli e TEST. Foi director do departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela; promotor do Instituto Tecnolóxico en Matemática Industrial (ITMATI);  vicepresidente de Estatística da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO); padriño do doutor “honoris causa”, o profesor Winfried Stute, pola Universidade de Santiago de Compostela; en 2017 foi nomeado Named IMS Fellow del Institute of Mathematical Statistics (IMS) onde se recoñece toda a súa traxectoria profesional e entra como membro do IMS. Recentemente recibiu diferentes recoñecementos: o Premio de Investigación en Estatística Metodolóxica da Fundación BBVA no ano 2020, a medalla da Sociedad Nacional de Estadística e Investigación Operativa no mesmo ano e o Premio Nacional de Estatística do Instituto Nacional de Estadística no ano 2021.