
Abril 2021
II Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común a colaboración para a realización da II Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos para o ano 2021 e así promover o interese do público xeral, ademais de impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia. A RAGC leva organizando actividades, cursos e ciclos de conferencias en toda a comunidade galega desde a súa fundación no ano 1973. En liña cos…
Máis información »Xullo 2021
Ciclo de Conferencias AVANCES: “Avances recentes no coñecemento do cancro: bases moleculares e aplicacións á clínica”
Este ciclo de conferencias, XXIV Avances en Ciencia e Tecnoloxía, organizado pola RAGC, quere dar unha panorámica xeral sobre os avances recentes no cancro cun carácter altamente divulgativo. Intentarase nelas dar información recente sobre técnicas e mecanismos moleculares que median a orixe, progresión e respostas clínicas do cancro. Tamén se ofrecerá unha visión de como estes avances teñen un traslado importante á práctica clínica no ámbito do diagnóstico, tratamento e o desenvolvemento da medicina personalizada. O ciclo, coordinado polo…
Máis información »Novembro 2021
XXXII ciclo Luis Asorey: “Dixitalización do sector agrario en Galicia
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago (USC), organizan o XXXII ciclo Luis Asorey, centrado na edición de 2021 na “Dixitalización do sector agrario en Galicia”, con conferencias para abordar as estratexias autonómica, nacional e europea e as referentes á modernización tecnolóxica dos subsectores agrícola, gandeiro e forestal, e do rural en xeral, a través de fórmulas como as “Smart farmings” ou as aldeas intelixentes. O…
Máis información »Maio 2022
III Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común a colaboración para a realización da II Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos para o ano 2021 e así promover o interese do público xeral, ademais de impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia. A RAGC leva organizando actividades, cursos e ciclos de conferencias en toda a comunidade galega desde a súa fundación no ano 1973. En liña cos…
Máis información »“As oportunidades para a Investigación no programa Europe Next Generation”
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) vai celebrar o 9 de maio unha xornada semipresencial sobre “As oportunidades para a investigación no programa Europe Next Generation”. Terá lugar de xeito presencial no salón de actos do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago, a partir das 17:30 horas. Ademais, poderá seguirse a través da plataforma Zoom, previa inscrición. Neste encontro participarán o subdirector de Proxectos Tractores do Instituto Galego de Promoción…
Máis información »